O castro de Crecente.

O castro de Crecente está na parroquia de Loira, no concello coruñés de Valdoviño.

Para ter unha idea das dimensións e características do castro pódese visitar esta páxina:

http://castros.artabro.es/node46.html

O plano que aparece na páxina, xunto co mapa de pendentes (graciñas Eloi Saavedra por descargalo e pasarmo) fóronme de gran axuda para poder interpretar o que estaba a ver en vivo.

1

No mapa de pendentes da imaxe superior podemos ver o castro e os lugares do seu entorno. Vemos que está situado no medio de Crecente e A Furada; eu de feito, chamaríalle o castro da Furada porque estou convencida de que ese topónimo se refire ao castro, pois subida hoxe nas defensas do mesmo e ollando ao interior, semellaba, ainda que non sexa asi na realidade, que estaba a ollar para un enorme furado.

Tamén vemos no mapa o río Donelle e un afluente seu que pasa moi perto do castro. Nese afluente hai un lavadeiro. Son ambos ríos pequechiños e coñézoos bastante ben, por ser a miña nai natural do lugar de Donelle e ter pasado eu tempo da miña infancia xogando por esa zona.

Ven tamén sinalado o lugar de Pazos. Alí atopouse un muíño de man.

Este é o castro visto dende a Furada.

Este é o castro visto dende a Furada.

E así o vemos dende Donelle.

E así o vemos dende Donelle.

Vemos na fotografía do mapa de pendentes inferior que hai unha sección nas defensas do castro por onde pasa unha pista asfaltada.

4Veremos a continuación unhas fotografías que tomei nesa zona.

A pista atravesa as defensas do castro.

A pista atravesa as defensas do castro.

6

7

No corte da defensa, por onde pasa a estrada, vense os pequenos coios misturados con terra empregados na construcción do elemento defensivo.

8

Segundo corte na defensa, feito pola mesma pista asfaltada e a casa que aparece tamén no plano.

Segundo corte na defensa, feito pola mesma pista asfaltada e a casa que aparece tamén no plano.

Botamos a vista atrás e vemos a pista seccionando o muro en dous puntos, no que estamos, e mais atrás do coche, por onde pasamos previamente.

Botamos a vista atrás e vemos a pista seccionando o muro en dous puntos, no que estamos, e mais atrás do coche, por onde pasamos previamente.

12

Vemos tamén no plano unha construcción integrada no mesmo castro. Trátase dun galpón enorme. A casa, según unha data que se pode ler na parede é de 1954, pero o galpón é de recente construcción, de feito, a casa hoxe en día está deshabitada, sendo o galpón o único ao que se lle dá uso, pois está cheo de rulos e pacas.

Vai un camiño que estaba recén rozado bordeando a propiedade polo exterior. Na seguinte foto apréciase un anaco do tellado do galpón.

Hai un pequeno murete á beira do camiño, (apreciase no plano de pendentes), que non sei se é parte do castro ou foi feito polos propietarios da casa.

DSCF6032

O camiño leva ata uns prados dende onde podemos observar o lugar de Donelle e o afluente do río do mesmo nome que pasa bastante perto do castro.

DSCF6035

E as terras onde ambos regatos se xuntan e seguen o camiño hacia Pazos. O río Donelle desemboca no encoro das Forcadas, ao pé da fábrica de Cándido Hermida.

DSCF6039

 

Imos ver agora a parte mais chamativa, o antecastro, por ter as defensas unha altura considerable.

1

É unha sorte que o castro esté nunha zona de pasto e labradío. Ó ser aprobeitado para monte tan só o interior, podemos, alomenos apreciar as suas defensas dende o exterior, ó estar rodeado na sua maior parte por pradeira.

3

4

5

 

Voltarei con alguén ou co tripé outro día, para sacar fotos con algunha referencia do tamaño dos muros.

6Trepei ós muros mais ou menos pola zona onde se xuntan os do castro cos do antecastro. Paréceme que hai un foxo, dende o punto de unión hacia a parte do castro, pero non estou segura. O terreo está moi afundido, de feito ali se tiraron o que semellan raíces de árbores, pero non sei se é algo relacionado co castro ou feito polos donos desa parte do terreo.

DSCF6052

O "foxo" visto dende o alto do muro.

O “foxo” visto dende o alto do muro.

Sinalei no plano da páxina dos castros de ferrolterra á que facía referencia máis arriba, o punto no que me atopaba cando saquei a foto que ven a continuación.

crecente 1

 

Dende alí vía moi ben todo o antecastro. Sei que é moi dificil poder imaxinalo na seguinte foto, porque non se aprecian volumes e porque está cheo de eucaliptos e felgallada, pero estando alí vese moi ben e, a verdade, é que me impresionou.

DSCF6058

Baixei do muro do castro, e xa dentro do antecastro, pero pegada ainda ao muro saquei outra foto, na que se pode apreciar, ao estar eu abaixo, a altura dos muros do antecastro.

DSCF6060Así como a zona do castro está prácticamente impracticable coa de silvas que alí medran, a do antecastro non está moi mal. Ten moitos fentos e dificultan un pouco a visión do mesmo, pero eu camiñei por ali sen moita dificultade. Sería moi sinxelo facer unha limpeza. Se o dono do monte fora tan rozamontes como o meu pai, que os mantén sempre limpiños, poderiamos ver moi ben o castro xa que os eucaliptos (que estarán a estropear coas raíces o que haiba debaixo) non fan moito mal para ver o castro, son o suficientemente altos para que a parte da follaxe non nos impida ver os muros. Cunha simple rozadura do interior, veriamos moi ben as defensas deste castro, xa que no exterior se mantén case todo a campo.

Movinme ao seguinte punto para fotografar os muros do antecastro de perto.

crecente 2

DSCF6066

Ollando para o muro.

Ollando para o muro.

Antes de marchar, subín ós muros do antecastro (moito máis sinxelo dende dentro porque por fora está cerrado para que pazan as vacas jeje) e paseei un pouquiño mirando para “a furada”. Non camiñei por todo o perímetro porque comezou a chover con forza, pero é un lugar ó que me podo achegar en calquera momento, queda para outro día…

¿Alguén se apunta?

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Castros

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s